Presenza e resposta do oínte na webradio. Estudo de dous programas da Radio Galega: “A tarde” e “Galicia en Goles”
Resumo
As novas tecnoloxías da información e a comunicación amais de configurar unha grandiosa comunidade virtual do coñecemento, facilitan a comunicación interactiva, polo que, as posibilidades que ofrecen para a innovación son extraordinarias.
Na actualidade estase vendo como moitos programas de radio, aproveitan as posibilidades de internet para comunicarse e interactuar coa súa audiencia, a través das redes sociais. O usuario participa das calidades que ofrece o hipertexto, creando, almacenando, enlazando e compartindo información sobre os programas ademais de reflectir os vínculos que se establecen entre individuos aparentemente descoñecidos, pero que gardan nexos comúns. Este é o caso das propostas radiofónicas que se presentan neste estudio.
Este traballo céntrase na análise da influenza que ten o oínte na comunicación radiofónica a través do Facebook dos programas da Radio Galega (Radio Autonómica de Galicia) A Tarde, e Galicia en Goles durante a semana do 19 ao 25 de maio de 2012. Trátase dun estudo de caso que permite identificar a repercusión do emisor a través de Facebook.

Texto Completo:
PDFApontadores
- Não há apontadores.
Copyright © 2005 | CITCEM – Centro de Investigação Transdisciplinar Cultura, Espaço e Memória | PRISMA.COM | ISSN 1646-3153 | DOI 10.21747/16463153 | Contacto: prisma.com@letras.up.pt