O tratamento ideolóxico da lingua galega através da determinación mediática

María Pilar Garcia Negro

Resumo


Trátase de informar da crise en que se encontra a lingua galega, abalada entre a presión do español, como lingua oficial do Estado, e as propostas normalizadoras, entendendo por normalización o proceso en virtude do cal o galego recupera usos sociais e públicos, se implanta en novos espazos de comunicación (entre eles a prensa escrita) e recobra falantes perdidos. Ás condicións tradicionais da diglosia (distribución desigual e xerarquizada dos dous idiomas en presenza) se une hoxe a sofisticación desta disfunción e nesta operación xogan un papel fundamental os meios de comunicación de masas, que fabrican realidades que se dan por existentes e / ou formatan a opinión pública para consolidar un statu quo negativo para as expectativas da lingua galega. Un exemplo disto constitúeo da cidade da Coruña, que se quer converter nunha especie de jangada de pedra fóra da Galiza. Face a estas consignas, proclámase a necesidade de reapropriación da lingua galega, como esencial ben dos galegos de hoxe e como marca unitiva e superadora de vellas tensións e escisións intrasociais.

Texto Completo:

PDF

Apontadores

  • Não há apontadores.






Copyright © 2005 | CITCEM – Centro de Investigação Transdisciplinar Cultura, Espaço e Memória | PRISMA.COM | ISSN 1646-3153  | DOI 10.21747/16463153 | Contacto: prisma.com@letras.up.pt 

  

Lista da Revistas